(preme na imaxe para ampliar)

Nunha crítica do noso concerto no Teatro Castro Alves de Salvador de Bahia, publicada no xornal A Tarde por Thiago Fernandes, este dicía que conseguimos transportar ao público a “um lugar muito bonito e sobre tudo familiar e acolhedor”.  É un cumprido co que quedamos ben satisfeitos. Esa viaxe a un lugar acolledor é parte indispensable de Aló Irmao, e queremos compartila con vós non só a través da música.

Mentres preparamos a edición do disco, imos engadindo patas novas ao proxecto: queremos falar dese encontro musical entre Guiné Bissau e Galiza tamén cun traballo audiovisual e cunhas tiras de banda deseñada que agora vos amosamos. Xavier Belho, que tamén está traballando no vídeo documental e é o autor das nosas fotos, está a tirar proveito de todo o material noso co que conta para transformalo nestas páxinas de cadriños das que xa podedes ver a primeira. Pouco a pouco iremos traendo a esta web novas mostras. Agardamos que vos gusten!