al irmao!, novo disco de Narf e Manecas Costa

O disco

O 9 de xuño sae á venda Aló Irmao!, o álbum conxunto de Narf e Manecas Costa. Gravado en directo o 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o disco inclúe un cd con 12 temas novos e un dvd que recolle aquelas dúas noites máxicas nas que o magnetismo entre Galiza e Guiné Bissau se trasladou do escenario ás butacas.

O álbum presenta un repertorio común, erguido a catro mans, que se move entre os sons saudosos, a celebración do encontro entre culturas e a conexión coa terra. Doce temas nos que se mesturan as guitarras e as persoalísimas voces de Narf e Manecas, as percusións do mozambicano Celso Mahuie e o son único da ‘tina’, o tambor de auga guineano. Doce temas que dilúen fronteiras, volven á infancia, animan a soñar, reflexionan sobre a emigración, chaman ao compromiso, convidan a gozar da vida, estimulan a morriña e devecen un futuro mellor para os pobos.

Dos cimentos ao cumio, Aló Irmao! é tamén a produción musical de Antonio Vázquez, o deseño e a realización audiovisual de Xavier Belho, a produción executiva de Quique Costas, a coordinación de Isabel Vilaseco e a implicación de moitas outras persoas sen as que a casa non se sostería.

os temas

OS TEMAS

1. Aló Irmao
Fran Pérez / Manecas Costa
Neste mundo precisas da forza dun compañeiro
precisas da forza da irmandade

2. O Tren… Marchou sen Facer Ruído
Letra: Xelís de Toro / Música: Fran Pérez
Cando rapaz / agochei tesouros / que marquei nun mapa
pensando que algún día / voltaría recollelos / pero pasou o tempo
e riba dos tesouros / construíron edificios / de nomes de nonseiqué

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

3. Irmón di Terra
Manecas Costa
Non teño tempo / para mesquindades e envexas
Non veñades onda min / se é para falar / de rumores e maledicencias

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

4. Woman Rain
Letra: Xelís de Toro / Música: Fran Pérez
She´s here at dusk she´s here at dawn
if you think she´s yours you´re wrong

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

5. Palavras
Poema: Sonia Sultuane. Música: Eduardo Durão/ Peter Giger. Arranxos: Fran Pérez
As palavras que te dou /são o que eu sou
são o que sinto / e como me sinto

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

6. Emigrante
Fran Pérez, Pepe Sendón, Marcos Teira, Cheny Gune. Arranxos: Manecas Costa
un rastro na area / camiño do norte / que chega á fronteira
e tenta a sorte / sorte ou morte

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

7. Nha Mame
Manecas Costa
dende rapaz andabas sempre coa guitarra
mesmo cando eras tan pequeniño
que tiñas que subirte a unha caixa para tocar

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

8. Esta noite
Fran Pérez e Manecas Costa
esta noite vou voltar ao lugar
onde sendo un rapaz eu soñei

9. A Flor de Pel
Fran Pérez
dáme sustento a cambio de respecto, terra
conta os meus pasos, regálame camiños
deixa que medren as cores a flor de pel

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

10. Perto di Bo
Jorge Cabral. Arranxos: Manecas Costa
Víchesme nacer / para o mundo do amor
Do mesmo xeito / verasme morrer

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

11. Quero Ser Tambor
Poema: José Craveirinha. Música: Fran Pérez
Oh velho Deus dos homens / eu quero ser tambor
e nem rio / e nem flor / e nem zagaia por enquanto / e nem mesmo poesia

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

12. Anxo
Fran Pérez e Manecas Costa
Veña, meu ben, ven celebrar o novo en min
algo que aprendín
e algo que por fin foi quedando atrás