al irmao!, novo disco de Narf e Manecas Costa

Inicio

A casa que soñaron Narf e Manecas Costa xa está en pé: Aló Irmao!
A casa na que recibir aos amigos e tomar folgos no camiño entre Galiza e Guiné-Bissau.
A casa desde a que emprender novas viaxes artísticas e emocionais.

O 9 de xuño sae á venda Aló Irmao!, o álbum conxunto de Narf e Manecas Costa. Gravado en directo o 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o disco inclúe un cd con 12 temas e un dvd que recolle o concerto.

Última anotación no blog

Despois de Guiné… Galiza

En decembro estivemos en Guiné-Bissau. Foi unha experiencia marabillosa que agora queremos trasladarvos en directo. Desde este sábado 12 ao sábado 19 de marzo estaremos en locais de Lalín, Compostela, Ourense, Lugo, A Coruña e O Porriño coa xira “Despois de Guiné Bissa”. Imos tocar temas do disco e presentarvos composicións novas que xurdiron desa [...]

Axenda

7 abr

Concerto en Vigo

Hora:
No Auditorio Municipal